Volver

AULA DE GALEGO 2. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 2. Momentos especiais

Pídalles aos seus alumnos que abran o libro na páxina 17 e coméntelles que
a foto da portada reflicte un momento especial na vida dunha persoa

A seguir, pregúntelles: De que momento especial se trata? Verifique se os seus alumnos adoitan celebrar o seu aniversario e pídalles que relaten brevemente algunha ocasión na que a celebración foi especial. Tamén lles pode preguntar se lles gustan as festas de aniversario e por que ou se foron a algunha da que gardan unha particular lembranza.

Para rematar, infórmeos dos contidos desta unidade, así como do que van facer na tarefa final: falar de recordos importantes.