Volver

AULA DE GALEGO 2. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 6. Mensaxes

Remita os estudantes á foto da portadiña e pregúntelles: Que está a facer esta persoa? Que pensades que significa o seu debuxo? Escribiriades algunha mensaxe dese xeito? En que situación?

É bastante probable que os seus alumnos non teñan dificultade para falar do tema, pero se non se lles ocorre nada suxíralles posibilidades como: está debuxando un corazón nun cristal embazado; pódese tratar dalgún namorado que lle queira dicir “quérote” á persoa querida… Logo, dispóñase a escoitar as súas opinións en relación coas demais preguntas.

Por último, coméntelles aos estudantes os contidos da unidade, así como cal será a tarefa final: transmitir mensaxes e desenvolver estratexias de comunicación.