Volver

AULA DE GALEGO 2. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 9. O turista accidental

Pregúntelles aos seus alumnos que lles suxire a foto da páxina 73. Probablemente sinalarán actividades como viaxar, pasear, gozar da natureza e da tranquilidade, facer fotos, camiñar… e talvez xurdan tamén palabras relacionadas coas afeccións ou cos deportes

Interésese pola última viaxe que fixeron e anime algún deles a que conte algo curioso, divertido, estraño etc. que lle pasou. Isto vaille servir para introducir os contidos e o obxectivo da unidade: contar anécdotas reais ou inventadas. Coméntelles tamén, a continuación, os contidos da unidade.

Se lle parece oportuno, faga referencia ao filme no que se inspira o título da unidade (The accidental tourist, no orixinal en inglés, unha película intimista, rodada en Estados Unidos en 1988). Pregúntelles logo que cren que significa a expresión “turista accidental”.