Volver

AULA DE GALEGO 2. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 5. Iso non se fai

Pídalles aos estudantes que abran o libro na páxina 41 e que describan a imaxe. Pode axudalos con preguntas do tip: Que cousas aparecen? Onde credes que están? Quen credes que puxo a botella aí?

As posibles respostas poderían ser, respectivamente, pedras, area e unha botella; na praia; algún bañista ou persoas que fixesen unha festa.

A continuación, pregúntelles: Que relación hai entre a imaxe e o título da unidade “Iso non se fai”? Espere a que cheguen a conclusións do tipo: a imaxe mostra o resultado dunha actitude ou comportamento que está prohibido ou que é contrario aos comportamentos cívicos.

Por último, informe brevemente os seus alumnos dos obxectivos da unidade e da súa tarefa final: van establecer as normas da clase.