Volver

Probas Celga 2, 3 e 4. Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

As persoas convocadas deberán presentarse entre as 8.15 e as 8.45 horas no lugar de realización das probas provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro

Portas de entrada e aulas

CELGA 3

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 – 5

Porta B: aulas 11 – 17

EOI de Ponferrada

Porta única

CELGA 2

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta única

EOI de Ponferrada

Porta única

Portas de entrada e aulas

CELGA 4

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 - 9

Porta B: aulas 11 – 16

EOI de Ponferrada

Porta única

Datas de realización das probas

- Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

19 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

20 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

26 de novembro de 2022, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

27 de novembro de 2022, para todas as persoas admitidas.

Lugares de realización das probas

Santiago de Compostela:

IES Antonio Fraguas

Rúa Londres, 10

15707 Santiago de Compostela

Ponferrada:

EOI de Ponferrada

Río Burbia, s/n

24400 Ponferrada

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Celga 2: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 27 de novembro de 2022

Celga 3: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 26 de novembro de 2022

Celga 4: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas dos días 19 e 20 de novembro de 2022

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

Celga 2: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2022

Remate do prazo de presentación de emendas: 21 de outubro de 2022

Celga 3: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2022

Remate do prazo de presentación de emendas: 21 de outubro de 2022

Celga 4: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2022

Remate do prazo de presentación de emendas: 21 de outubro de 2022

Convocatoria de probas

De acordo co previsto no artigo 7 da Orde do 16 de xullo de 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG núm. 146, do 30 de xullo), logo da proposta formulada pola Comisión Central de Avaliación, convócanse as probas para a obtención dos certificados de coñecemento da lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Prazo de presentación de solicitudes: do 12 ao 30 de setembro.