Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 6. E que che dixo?

Remita os seus alumnos á fotografía da portadiña

Pregúntelles: Que credes que están facendo estas persoas? Acepte todas as respostas lóxicas, pero tente que os seus alumnos fagan referencia ao feito de falar. Asegúrese de que entre as súas suxestións figuren vocábulos como falar, charlar, conversar, contar un chiste/unha anécdota/unha historia e criticar e de que entenden o seu significado.

Logo, volva á imaxe da portadiña e pregúntelles: Cal deles credes que está contando algo? Quen puido facer a pregunta que lle dá título á unidade? Acepte todas as súas respostas, sempre e cando as xustifiquen.

Por último, preséntelles os contidos da unidade e a tarefa final: van tomar partido nun conflito entre dúas persoas.