Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 8. Maneiras de vivir

Remita os estudantes á páxina 65, pídalles que se fixen na imaxe da portadiña e pregúntelles como definirían o lugar que aparece

Se entre as súas suxestións non figura unha vivenda ou un fogar, mencióneos vostede.

A continuación, pregúntelles que adxectivos empregarían para cualificar esa maneira de vivir e, no caso de que non mencionen peculiar, fágao vostede. Logo, interésese por saber que tipo de persoa ou persoas cren que viven aí e por que motivos o fan: por necesidade ou en busca de liberdade, aventura, diversión…

Por último, preséntelles os obxectivos desta unidade e dígalles cal será a súa tarefa final: deseñar un paraíso onde vivir.