Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 9. Como non o sabía…

Remita os estudantes á fotografía da portadiña e pregúntelles: Onde credes que está este rapaz? Que lle puido pasar?

Pídalles que relacionen o título da unidade (Como non o sabía…) coa fotografía e que rematen a frase. As posibilidades son múltiples e todas aceptables, sempre que as xustifiquen adecuadamente. A continuación, anímeos a que comenten as súas respostas en parellas ou en grupos de tres.

Por último, preséntelles os contidos da unidade e a tarefa final: xulgar algunhas decisións e as súas consecuencias.