Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 1. E foi así como cho conto...

Pídalles aos seus alumnos que observen a fotografía da portadiña

Fágalles preguntas sobre a escena que aparece nela, como, por exemplo: Quen é a persoa que aparece na fotografía? Onde está? Que credes que está facendo? Por que? Logo, pregúntelles se algunha vez foron testemuñas dunha situación similar.

Por último, preséntelles os obxectivos da unidade e explíquelles que, ao rematala, van escribir a crónica dun acontecemento.