Volver

Centro Ramón Piñeiro

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades está encargado de promover, desenvolver e darlles difusión a proxectos e programas galegos de estudos lin­güísticos, literarios, históricos e antropolóxicos.

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades foi creado en 1993 (co nome de Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro) coa intención de promover, desenvolver e difundir programas de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos do galego. Na actualidade centra as súas liñas de investigación en proxectos de lingüística con aplicacións informáticas, estudos de prosa e poesía medieval, recuperación e análise de publicacións literarias, estudos de fraseoloxía, proxectos de antropoloxía referidos á identidade colectiva e outros.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro, convoca bolsas de colaboración nas investigacións en curso e bolsas de estadías para estranxeiros que desexen desenvolver algún proxecto relacionado coa lingua e a cultura de Galicia.