Volver

Convocatoria dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se aproban as bases e se convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2021/2022.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2021/2022.

Premios:

Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:

  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil
  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria
  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

Os colexios recibirán, ademais dun lote de libros, un contrasinal de acceso á Plataforma OQO de contidos dixitais en galego durante o curso 2021-2022, para poder acceder aos álbums ilustrados sen necesidade de manipulalos, de ser preciso.

Os centros públicos admitidos no programa Nós tamén creamos! No marco do Plan Proxecta+ quedarán inscritos de oficio no certame. Para os demais centros de titularidade pública, o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia rematará o día 15 de febreiro de 2022. A data límite de envío das curtametraxes será o 30 de maio de 2022.

Listaxe de álbums ilustrados para crear as curtas de "Nós tamén creamos!"

Nesta edición, as curtas deben basearse nalgún dos seguintes libros, que se lles envían aos centros educativos participantes no certame e no programa:

  • A illa dos cangrexos violinistas, de Xavier Queipo. Ilustracións de Jesús Cisneros
  • Achís!, de José Carlos Andrés. Ilustracións de Laura Tova
  • O camiño, de Marisa Núñez. Ilustracións de Mariona Cabassa
  • O camiño das mazás, de Estrella Ortiz. Ilustracións de Mar Azabal
  • O sultán e os ratos, de Joan de Boer. Ilustracións de Txell Darné
  • Oso Atrapabolboretas, de Susanna Isern. Ilustracións de Marjorie Pourchet
  • Rato Tom e rata Tomasa, de Marisa Núñez. Ilustracións de Alessandra Cimatoribus
  • Se os gatos levasen botas gobernarían as ras, de Raquel Saiz. Ilustracións de Rashin Kheiriyeh
  • Sopa verde, de Ângela Madeira. Ilustracións de Till Charlier
  • Tres osos, de Marisa Núñez. Ilustracións de Minako Chiba
  • Un conto cheo de lobos, de Roberto Aliaga. Ilustracións de Roger Olmos
  • Un gato na árbore, de Pablo Albo. Ilustracións de Geraldine Alibeu

Listaxe de centros públicos admitidos no certame Nós tamén creamos! para o curso académico 2021/2022

Ademais dos centros públicos admitidos no programa Nós tamén creamos! no marco do Plan Proxecta, que quedan inscritos de ofico no certame, participan no certame os seguintes centros públicos que presentaron a solicitude no prazo correspondente:

  • CEIP da Igrexa-Candeán, Vigo (Pontevedra, código 36010137
  • CEE Miño, Ourense (Ourense), código 32015463
  • CEIP Plurilingüe A Fraga, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), código 15026194
  • CEIP Plurilingüe A Pedra, Bueu (Pontevedra), código 36000341
  • CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, Boiro (A Coruña), código 15001367
  • CEIP Plurilingüe do Corgo, O Corgo (Lugo), código 27014847
  • CEIP Ramón de Artaza e Malvárez, Muros (A Coruña), código 15009998
  • CEIP Plurilingüe Recimil, Ferrol (A Coruña), código 15006699
  • CEIP A Xunqueira Nº 2, Pontevedra (Pontevedra), código 36015172