Volver

Resolución das subvencións aos proxectos de fomento do galego dos centros privados

ORDE do 16 de decembro de 2022 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento PL500B).

Resolución

Resolución

Prazo para a presentación da xustificación de gastos: ata o 30 de xuño.

Proposta provisional de resolución

Provincia da Coruña

Proposta provisional de resolución e listaxe de centros coa puntuación obtida

Provincia de Lugo

Proposta provisional de resolución e listaxe de centros coa puntuación obtida

Provincia de Ourense

Proposta provisional de resolución e listaxe de centros coa puntuación obtida

Provincia de Pontevedra

Proposta provisional de resolución e listaxe de centros coa puntuación obtida

NOTA: O prazo para presentar alegacións remata o día 9 de maio (incluído).

Convocatoria

1. Persoas beneficiarias

Os centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario, sexan persoas físicas ou xurídicas, que cumpran os requisitos e as condicións que se establecen nesta orde.

2. Obxecto

O establecemento de subvencións para a realización de proxectos de fomento do uso do galego nos centros privados de ensino de Galicia, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega ou polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2022/23 (código de procedemento PL500B).

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (do 28.12.2022 ao 27.01.2023).