Volver

Resolución da convocatoria de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega

ORDE do 6 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PL400A).

Publicada a Resolución do 27 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 6 de marzo de 2023.

Convocatoria

O obxecto da orde é aprobar as bases e convocar as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2023, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

As modalidades que adoptan estas axudas son as seguintes:

a) Creación dun servizo lingüístico.

b) Mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico.

c) Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo lingüístico.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de abril de 2023.