Volver

X Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto

  • Concurso Literario e Xornada para Docentes

    Concurso Literario e Xornada para Docentes

A Fundación Coca-Cola, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o X Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto.

O certame busca promover o desenvolvemento da expresión escrita e a lectura en lingua galega entre o alumnado de 2º da ESO. Mais tamén quere ser unha oportunidade para darlle visibilidade social ás novas promesas da literatura galega.

O prazo de inscrición está aberto ata o 28 de febreiro de 2018.

Xornada literaria

Paralelamente, a Fundación Coca-Cola tamén organiza unha xornada literaria dirixida ao profesorado dos alumnos e alumnas que se inscriban no concurso. O curso desenvolverase o venres, 2 de febreiro, no salón de actos do Pazo de San Roque (Santiago) e contará coa presenza das escritoras Ledicia Costas e Rosalía Fernández Rial. Como as prazas desta sesión son limitadas e se asignarán por rigorosa orde de inscrición, cómpre anotarse nelas antes do 26 de xaneiro.