Volver

Resolución dos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística 2021-2022

Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2021-2022.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral Xeral de Formación Profesional resolveron a convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades  (antes, Consellería de Cultura, Educación e Universidade) durante o curso académico 2021/2022.

Ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso académico 2021/2022 e se establecen as bases reguladoras para realizalos, seleccionáronse os seguintes proxectos:

- cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:

ProxectoCentroConcelloProvincia

O poeta que baila

IES Marco do CamballónVila de CrucesPontevedra
IES do MilladoiroAmesA Coruña
Polo río vai e benIES de Ponte CaldelasPonte CaldelasPontevedra
IES de SoutomaiorSoutomaiorPontevedra
RTIES Rego de TrabeCulleredoA Coruña
Arrólame paseniño, arrólame un pouquiñoCEIP Plurilingüe Barrié de la MazaSanta CombaA Coruña
O galego é musicaCMUS Profesional Xan ViañoFerrolA Coruña

Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 euros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

-  un proxecto ao que se lle concede unha Mención de Honra:

Obradoiros Navalón. Intervención artística do terreo a través do cultivo das plantas do CamiñoCEE Manuel López NavalónSantiago de CompostelaA Coruña

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento do proxecto recibirá unha certificación de Accésit, ademais de apoio e asesoramenteo durante o seu desenvolvemento e a difusión das experiencias e dos materiais educativos producidos a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.