Volver

II Premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado

O Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca a segunda edición do Premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado.

Poderán optar ao premio todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto e concederáselles igual importancia.

O prazo de presentación de orixinais remata o 28 de febreiro de 2022.