Volver

Probas Celga Novembro 2021. Resultados definitivos Celga 2, 3 e 4

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C)

Celga 2: resultados definitivos das probas do día 28 de novembro de 2021

Resolución do 14 de febreiro de 2022, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 2 realizadas o día 28 de novembro de 2021.

Celga 3: resultados definitivos das probas do día 27 de novembro de 2021

Resolución do 14 de febreiro de 2022, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 3 realizadas o día 27 de novembro de 2021.

Celga 4: resultados definitivos das probas dos días 20 e 21 de novembro de 2021

Resolución do 14 de febreiro de 2022, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 4 realizadas os días 20 e 21 de novembro de 2021.

Resultados provisionais

Celga 2: resultados provisionais das probas do día 28 de novembro de 2021

Resolución do 30 de decembro de 2021, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 2 realizadas o día 28 de novembro de 2021.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de 10 días naturais, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles ás persoas interesadas os criterios que determinaron a cualificación obtida.

Celga 3: resultados provisionais das probas do día 27 de novembro de 2021

Resolución do 30 de decembro de 2021, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 3 realizadas o día 27 de novembro de 2021.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de 10 días naturais, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles ás persoas interesadas os criterios que determinaron a cualificación obtida.

Celga 4: resultados provisionais das probas dos días 20 e 21 de novembro de 2021

Resolución do 30 de decembro de 2021, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 4 realizadas os días 20 e 21 de novembro de 2021.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de 10 días naturais, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles ás persoas interesadas os criterios que determinaron a cualificación obtida.

Convocatoria de probas Celga 2, 3 e 4. Portas de entrada e aulas

Portas de entrada e aulas

CELGA 3

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 - 9

Porta B: aulas 11 - 16

EOI de Ponferrada

Porta única

CELGA 2

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta única

EOI de Ponferrada

Porta única

CELGA 4

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 - 10

Porta B: aulas 11 – 22

EOI de Ponferrada

Porta única

Listaxes definitivas de persoas admitidas

Celga 2: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 28 de novembro de 2021

Resolución do 27 de outubro de 2021 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 2

Anuncio das datas e dos lugares de realización das probas

Celga 3: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 27 de novembro de 2021

Resolución do 27 de outubro de 2021 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 3

Anuncio das datas e dos lugares de realización das probas

Celga 4: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas dos días 20 e 21 de novembro de 2021

Resolución do 27 de outubro de 2021 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 4

Anuncio das datas e dos lugares de realización das probas

Datas de realización das probas

Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

  • 20 de novembro de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.
  • 21 de novembro de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W e X.

Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada

  • 27 de novembro de 2021, para todas as persoas admitidas.

Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada

  • 28 de novembro de 2021, para todas as persoas admitidas.

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, as portas de acceso e a aula para a realización da proba escrita, publicaranse neste mesmo portal. A aquelas persoas ás que, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e a aula correspondentes.

Listaxes provisionais de persoas admitidas

Celga 2: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2021

Remate do prazo de presentación de emendas: 25 de outubro de 2021

Resolución do 7 de outubro de 2021 de publicación das listaxes provisionais do Celga 2

Celga 3: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2021

Remate do prazo de presentación de emendas: 25 de outubro de 2021

Resolución do 7 de outubro de 2021 de publicación das listaxes provisionais do Celga 3

Celga 4: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2021

Remate do prazo de presentación de emendas: 25 de outubro de 2021

Resolución do 7 de outubro de 2021 de publicación das listaxes provisionais do Celga 4

Convocatoria

O prazo de inscrición e de pagamento estará aberto do 14 de setembro ao 4 de outubro de 2021. O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada nos meses de novembro e/ou decembro de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como nesta mesma páxina web.

 

 

 

  •  
  •