- Portada
- O galego...
- Promovelo
- Convocatorias
Convocatorias
Premio Álvaro Cunqueiro de Novela
O Concello de Mondoñedo, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade e coa Casa Museo Álvaro Cunqueiro, convoca este certame coa finalidade de promover a escrita literaria en lingua galega e divulgar os seus autores e autoras.
Premios aRi[t]mar 2022
aRi[t]mar é un proxecto da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que busca divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous territorios, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e os vínculos coa lusofonía.
#Estiquecantas
Rebordelos, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística,a Casa de Rosalía e a Deputación da Coruña, convoca o concurso #Estiquecantas para promover a creación de vídeos breves nas redes sociais inspirados na obra en galego de Rosalía de Castro.
Lingua de Namorar 2022
Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. Organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
XXXIV Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades)
O Concello da Estrada, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, convoca o XXXIV Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades).
Concurso Balbino de Relatos
Edicións Fervenza e Técnicas & Gramaxe SL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces e a Deputación de Pontevedra, coa conformidade da Fundación Xosé Neira Vilas, convocan a sétima edición deste certame literario.
II Premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado
O Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca a segunda edición do Premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado.
Convocatoria dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!
Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística
Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso académico 2021/2022 e se establecen as bases reguladoras para realizalos.