Convocatorias

Filtrar por...

  • Colectivo
  • Tema
  • Tipo de convocatoria
Temos dispoñibles para consulta 92 convocatorias
07/10/2020 | Axudas

Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

ORDE do 18 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PL400A)

PRAZO: O prazo de xustificación remata o día 30 de outubro de 2020
22/06/2020 | Premios e certames

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2019/2020 e se establecen as bases reguladoras para realizalos

PRAZO: 14 de febreiro de 2020
11/06/2020 | Formación

Axudas a proxectos de fomento do uso do galego en centros públicos

ORDE do 2 de xuño de 2020 pola que se deixan sen efecto as bases e as convocatorias das axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública e privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2019/20 (códigos de procedemento PL500A e PL500B), como consecuencia do peche dos centros educativos por causa do COVID-19

PRAZO: do 31 de xaneiro ao 2 de marzo de 2020
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500A
11/06/2020 | Premios e certames

Subvencións a proxectos de fomento do uso do galego en centros privados

ORDE do 2 de xuño de 2020 pola que se deixan sen efecto as bases e as convocatorias das axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública e privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2019/20 (códigos de procedemento PL500A e PL500B), como consecuencia do peche dos centros educativos por causa do COVID-19

PRAZO: do 31 de xaneiro ao 2 de marzo de 2020
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500B
03/06/2020 | Axudas

Subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares

PRAZO: 3 de xullo de 2020
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400B
Aprazamento do XII Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas
19/05/2020 | Premios e certames

Aprazamento do XII Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas

O Padroado da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, considerando que na situación actual non resulta posible levar adiante a presente edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, xa que os centros escolares non poden afrontar o traballo necesario para presentaren propostas, aprobou adiar a celebración da XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fragua, prevista para o bienio 2020-2021, que pasará a celebrarse no bienio 2021-2022.

Lingua de namorar 2020 - Mensaxes gañadoras
05/05/2020 | Premios e certames

Lingua de namorar 2020 - Mensaxes gañadoras

Concurso en liña de mensaxes de amor coorganizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Premios aRi(t)mar 2020
22/04/2020 | Premios e certames

Premios aRi(t)mar 2020

Resultados das votacións de aRi[t]mar 2020

I Premio de Ensaio Camiño de Santiago
12/03/2020 | Premios e certames

I Premio de Ensaio Camiño de Santiago

A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e co patrocinio de Aluminios Cortizo, convoca o I Premio de Ensaio Camiño de Santiago, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo

PRAZO: As obras enviaranse antes do 5 de setembro de 2020
12/07/2019 | Axudas

Resolución das axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

  • Orde do 15 de marzo de 2019 de subvencións a entidades locais para a promoción da lingua galega Ligazón ao DOG
  • EXTRACTO da Orde do 15 de marzo de 2019 de subvencións a entidades locais para a promoción da lingua galega Ligazón ao DOG
PRAZO: O prazo de xustificación remata o 21 de outubro de 2019.
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400A