Convocatorias

Filtrar por...

  • Colectivo
  • Tema
  • Tipo de convocatoria
Temos dispoñibles para consulta 89 convocatorias
20/05/2019 | Axudas

Subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares

  • Orde do 3 de maio de 2019 de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares de niveis non universitarios Ligazón ao DOG
PRAZO: 20 de xuño de 2019
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400B
Gañadores do Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2018-2019
26/03/2019 | Premios e certames

Gañadores do Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2018-2019

Esta iniciativa promovida pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística ten por obxectivo difundir a poesía e a música editadas en Galicia e en Portugal cada ano. 

Lingua de namorar 2019
18/03/2019 | Premios e certames

Lingua de namorar 2019

Xa se coñecen os gañadores da sétima edición de Lingua de namorar, un certame en liña de mensaxes de amor en lingua galega convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos, o obxectivo principal destes premios é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente nova nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

PRAZO: A data límite para enviar as mensaxes é o 28 de febreiro de 2019
II Premio Morales para a Promoción da Lingua Galega no Bierzo e Sanabria
11/03/2019 | Premios e certames

II Premio Morales para a Promoción da Lingua Galega no Bierzo e Sanabria

Tras os pasos de Morales: O fiandón da aldea

PRAZO: 15 de outubro de 2019
04/03/2019 | Premios e certames

Premio Comunicar en Igualdade

A Xunta de Galicia convoca o premio Comunicar en Igualdade 2019 co obxectivo de recoñecer traballos de tipo xornalístico que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero

PRAZO: 16 de setembro de 2019
Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez
13/12/2018 | Premios e certames

Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES Rosalía de Castro, en colaboración con Arraianos Multimedia, convocan o I Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos.

PRAZO: 17 de maio de 2019
17/08/2018 | Axudas

Resolución das axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios

  • Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística do 3 de agosto de 2018 Ligazón ao DOG
  • Orde do 20 de abril de 2018 de subvencións para a edición en lingua galega Ligazón ao DOG
  • Extracto da Orde do 20 de abril de 2018 de subvencións para a edición en lingua galega Ligazón ao DOG
PRAZO: O prazo de xustificación remata o día 30 de setembro de 2018.
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED106A
13/07/2018 | Axudas

Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

Publicación da resolución das axudas
  • Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases para para a concesión de subvención ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (ED115A) Ligazón ao DOG
  • EXTRACTO da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases para para a concesión de subvención ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (ED115A) Ligazón ao DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED115A
26/06/2018 | Formación

Resolución definitiva dos proxectos de fomento do uso do galego en centros privados da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

ACORDOS do 6 de xuño de 2018 e do 15 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, polo que se publican as resolucións das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra polas que se adxudica o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2017/18, ao abeiro da Orde do 16 de novembro de 2017

  • ORDE do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2017/18 Ligazón ao DOG
  • EXTRACTO da Orde do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2017/18 Ligazón ao DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED101A
29/05/2018 | Formación

Resolución definitiva dos proxectos de fomento do uso do galego en centros públicos

  

  • ORDE do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública Ligazón ao DOG
  • EXTRACTO da Orde do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública Ligazón ao DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: ED101C