Volver

Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES Rosalía de Castro, en colaboración con Arraianos Multimedia, convocan o I Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos.

Poderá concorrer a este premio alumnado de sexto de educación primaria e de educación secundaria de Galicia e dos centros que impareten ensinanzas de galego de réxime xeral cursados fóra da Comunidade Autónoma textos inéditos relacionados co persoeiro ao que se lle dedica en 2019 o Día das Letras Galegas.

O alumnado deberá concorrer ao premio con traballos compostos por un conto inédito e un podcast baseado nel. Os contos -inéditos e en lingua galega- estarán relacionados con Antonio Fraguas, persoeiro a quen se lle dedicará o vindeiro Día das Letras Galegas.

O premio está dotado con 1.000 € e a emisión do mellor traballo gañador, así como a emisión dos dous que resulten finalistas con el.

O prazo de presentación de orixinais remata o 17 de maio de 2019.