Volver

IX Certame de Relatos Breves Feiraco

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Feiraco Lácteos S.L., con motivo das Letras Galegas 2020, convocan unha nova edición do Certame de relatos breves Feiraco.

Os relatos que se presenten ao certame deberán ter unha extensión máxima de 500 caracteres e comezar coas palabras "Á sombra daquel carballo centenario...", coas que se quere honrar o autor que será homenaxeado o próximo 17 de maio, Ricardo Carvalho Calero.

O prazo para presentarse estará aberto entre o 7 e o 31 de maio de 2020.