Volver

I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020

Feiraco Lácteos S.L., coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca, con motivo das Letras Galegas 2020, a primeira edición do Certame Infantil de Artes Plásticas 2020.

Os pais, nais ou titores legais de nenos e nenas que teñan entre 3 e 12 anos poderán presentar, fotografada ou escaneada, unha obra realizada polo menor en que este reflicta o valor da lingua e literatura galegas.

Haberá dúas categorías:

  • Infantil (3 a 6 anos)
  • Primaria (7 a 12 anos)

O gañador ou gañadora de cada categoría recibirá unha xornada en familia no parque Marcelle Natureza, un patinete, un lote de libros e outro de produtos Feiraco.