Volver

Unidade didáctica de educación infantil e primaria

Centro: Seminario Galán (A Coruña)
Curso: 2018-2019

O profesorado do Seminario Galán agasállanos cunha abondosa produción de recursos didácticos que teñen como eixe a figura homenaxeada o Día das Letras: dezaseis paquetes de actividades interactivas en formato Lim para infantil e primaria, coa biografía de Antonio Fraguas e actividades con textos do autor. Este ano, ademais, contaron coa colaboración dos ilustradores Carlos Gallego e Luís Davila.