Volver

VI Carreira Camiño das Letras

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais, colabora con Xurdir S.L. na organización da VI edición da Carreira Camiño das Letras, que se celebra o vindeiro venres 17 de maio.

A proba terá dous circuítos:

  • Carreira de 15 Km: saída ás 10:00 h. dende o Pico Sacro polo Camiño do Sueste (Vía da Prata) ata a Cidade da Cultura.
  • Carreira de 5 Km: saída ás 10:05 h. da Cidade da Cultura percorrendo o Gaiás e o Bosque de Galicia. Circuíto para nenas e nenos.

A inscrición realizarase a través da páxina web www. carreiragalegas.com ata o martes 14 de maio ás 23.59 horas.

A recollida de dorsais será en Área Central (Rúa Varsovia). Contarase con servizo de gardarroupa, autobuses dende a Cidade da Cultura ao Pico Sacro e fisioterapia.

As persoas participantes recibirán un libro de agasallo e mais un diploma Camiño das Letras ao remate da carreira. De máis a máis, entregaranse os seguintes premios:

  • Lote de libros e trofeo deseñado especialmente para a proba par os 3 primeiros clasificados (en mulleres e homes) da proba absoluta
  • Lote de libros para os tres primeiros clasificados das categorías de pitufo a máster
  • Lote de libros e trofeo para o centro escolar e o club que máis alumnos acheguen á proba