Volver

Independénciome - Homenaxe a Xela Arias

Centro: IES de Chapela, Redondela (Pontevedra)
Curso: 2018-2019

Neste vídeo podemos ver unha das primeiras homenaxes que se lle renderon a Xela Arias. a do EDLG do IES de Chapela, onde ela traballara. É o acto de inauguración do mural-graffiti con versos da poeta, deseñado por dous alumnos do centro, que contou co recitado de versos da autora, as palabras dunha compañeira de Xela e a participación de Darío, o seu fillo.