Volver

Vídeo biográfico de Xela Arias e colaxe

Centro: CEIP Plurilingüe Souto-Donas, Gondomar (Pontevedra)
Curso: 2020/2021

O EDLG do CEIP Plurilingüe Souto-Donas elaborou un vídeo que recolle a biografía de Xela Arias e o recital dos seus poemas realizado polo alumnado. Incluíron tamén as colaboracións de Fran Alonso, que nos fala dela, e da Banda da Loba, que lle pon música. Así mesmo, podemos ver a colaxe que crearon coas ilustracións baseadas nos seus versos.