Postcrossing Letras Galegas 2023
Centro: EOI Vigo
Curso: 2022-2023
Curso: 2022-2023
O EDLG da EOI de Vigo, para homenaxear a Francisco Fernández del Riego, proponnos seguir o seu exemplo de cando falaba de Vigo na súa obra Galicia no espello e describir a nosa aldea, vila ou cidade nunha postal.
Pódese participar enviando unha postal para logo recibir de volta outra da organización; e/ou asistindo ao XIII Encontro galego de postcrossing o 5 de maio, con visita guiada á biblioteca do autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano.