Volver

Documental Don Paco, un dos nosos

Centro: CPR Miralba-Jesuitinas, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

O EDLG  do CPR Miralba quíxolle render homenaxe a Francisco Fernández Del Riego e, daquela, realizou este completo e meritorio documental sobre a súa vida e obra, gravado en diferentes espazos significativos como a Fundación Penzol. Contan co valiosísimo testemuño da lonxeva irmá do autor, Ana María, que foi docente do colexio, e as interesantes achegas do presidente da Real Academia Galega, o director de Galaxia ou a investigadora Malores Villanueva, entre outras.