Volver

#AMúsicaDasLetras23

Centro: IES Fontexería, Muros (A Coruña)
Curso: 2022-2023

O alumnado do IES Fontexería de Muros poderá gozar da música galega máis actual ao escoitar esta escolma de vídeos de YouTube, que se proxectarán ininterrompidamente na entrada do centro, nos días previos e posteriores ao 17 de maio. A actividade xorde da colaboración entre o Equipo de Biblioteca e o EDLG para celebrar o Día das Letras Galegas.