Volver

Saca a lingua a pasear

Centro: CPR Fillas de María Inmaculada, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

O alumnado de formación profesional básica de Arranxos e Reparación de Téxtiles e Pel deseñou e confeccionou bolsas de tea e o alumnado de Mediación Comunicativa elixiu frases galegas para imprimir nelas e creou vídeos con diferentes situacións para dar a coñecer o significado das mensaxes das bolsas.

No pdf atoparedes os diferentes QR que permiten acceder aos 17 vídeos nos que a rapazada escenifica cada frase feita, con subtítulos en galego e lingua de signos.