Volver

Luísa Villalta, paixón e compromiso

Centro: IES Isaac Díaz Pardo, Sada (A Coruña)
Curso: 2012 - 2013

Excelente documental en homenaxe a Luísa Villalta realizado por Galaecia Filmes, produtora de audiovisuais do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, con motivo da celebración do 25º aniversario deste instituto. No vídeo, gravado por alumnado de 4º de ESO e titorizado polo profesor Xosé Seoane, participaron compañeiros, amizades e persoas achegadas como Francisco Pillado, Miguel Anxo Fernán Vello, César Morán, Pilar Pallarés ou Maribel Longueira, que salientaron o seu talante persoal e a súa traxectoria literaria.