Volver

O estandarte de Luísa Villalta

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

O pasado 5 de febreiro, coincidindo co 50º aniversario da graduación de Luísa Villalta no IES Eusebio da Guarda e coa conmemoración do 20º aniversario do pasamento da escritora, presentouse oficialmente na fachada do emblemático centro coruñés un fermoso cartel de lona na súa honra.

Logo da sentida homenaxe que xa se lle rendera á autora o 8 de maio de 2023, esta será a primeira das múltiples actuacións que este ano emprenderá o EDLG deste instituto para lembrar unha das súas alumnas máis ilustres.