Volver

Unha palabra para don Ricardo

A Real Academia Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, programa para o mes de maio a serie 'Unha palabra para don Ricardo', un conxunto de minipezas audiovisuais arredor da figura de Ricardo Carballo Calero que conforman un retrato colectivo do protagonista do Día das Letras Galegas 2020.