Volver

Carballo Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi

Co gallo da dedicación do Día das Letras 2020 a Ricardo Carvalho Calero, o Colectivo lucense Egeria promoveu unha serie de actividades co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Real Academia Galega e o Colexio Fingoi, para estudar e espallar os quince anos (1950-1965) en que o profesor e escritor ferrolán residiu en Lugo.

Co título xenérico de “Carballo Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi”, desenvólvense as seguintes accións:

  • Unha exposición itinerante formada por 13 paneis que reflicten diversos aspectos do impacto que os quince anos de Carvalho en Lugo produciron na sociedade lucense e a pegada que a Cidade das Murallas deixou no profesor e escritor
  • Un folleto informativo que acompaña e complementa a exposición   
  • Un libro (pdf) de 250 páxinas, dirixido por Xulio Xiz, no que figuran como coautores 34 exalumnos e exalumnas do Colexio Fingoi nos tempos de Carballo Calero e o historiador Antonio Prado
  • Unha páxina web que recolle estes e outros materiais, como  imaxes dos actos  celebrados no Colexio Fingoi arredor da exposición ou gravacións da entrevista efectuada nos anos oitenta en Radio Popular de Lugo por Xulio Xiz a Carvalho Calero e ao seu discípulo Ramón Reimunde Noreña