Volver

V Certame Microconto Galego da Habana

Con motivo do Día das Letras Galegas, o Centro de Estudos Galegos da Habana convoca un certame de contos de ata 50 palabras máis o título. Os textos deberán estar escritos en galego e valorarase que se trate neles o tema da emigración.

As persoas interesadas en participar deben enviar o texto, os seus datos e unha fotografía (do autor ou autora ou relativa ao conto que presentan) a catedragalegauh@gmail.com antes do 10 de maio.