Volver

Tigres coma cabalos

Exposición que forma parte da programación conmemorativa do Día das Letras Galegas da Xunta de Galicia.

A mostra recupera, 31 anos despois e en formato de exposición, unha das obras máis emblemáticas e vangardistas de Xela Arias, realizada en colaboración co fotógrafo Xulio Gil. Está estruturada en 48 paneis que recollen outras tantas fotografías de Xulio Gil e textos de Xela Arias. O traballo dos autores partiu de 24 obras individuais iniciais (24 poesías de Xela Arias e 24 fotografías de Xulio Xil). Cada un dos artistas traballou a proposta do outro ata acadar as outras dúas ducias de creacións que completan o proxecto. Xa cando se presentou en formato libro en 1990 os autores sinalaron a independencia dos traballos fotográfico e poético na súa orixe e o proceso de intercambio creativo posterior.

Tras o seu paso polo Museo do Mar de Galicia, en Vigo, a mostra poderá verse tamén no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.