Volver

Na espera do amigo

O Consello da Cultura Galega acaba de publicar Na espera do amigo, unha obriña de narrativa curta da autoría de Francisco Fernández del Riego, ilustrada cunha fermosa serigrafía de Laxeiro. Esta peza constitúe unha das escasas incursións de Del Riego no ámbito da narrativa de ficción, e é moi apropiada para o alumnado dos centros educativos, que pode lela, representala como peza de teatro lido ou de microteatro, convertela en audiovisual etc.