Volver

As pitas baixo a choiva (conto, música, UD)

Centro: Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (A Coruña)
Curso: 2019/2020

A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra comparte con todos os docentes galegos As pitas baixo a choiva, un proxecto (conto, música e unidade didáctica) dirixido fundamentalmente a escolares de 3 a 12 anos. O traballo, distribuído de balde de acordo con Edicións Embora, non só pretende difundir a figura de Ricardo Carvalho Calero entre o profesorado e o alumnado, senón tamén transmitir o legado do autor ferrolán entre as familas, asociacións e toda a sociedade. Parabéns!