Volver

Cholo e Nela: Ai! Oh! Galego! Camiño da fala

Centro: Centros de ensino das comarcas ourensás de Valdeorras, Terra de Trives, Viana, Caldelas e Ourense (Ourense)​
Curso: 2019/2020

Este ano, por mor da pandemia, foi imposible realizar a convivencia que reúne cada mes de maio arredor de 700 nenos e nenas, 300 pais e nais e uns 100 mestres e mestras de 12 concellos da provincia de Ourense​. Porén, Nacho Hermida, Carlos R. Calvente e Miguel Vázquez ofrécennos o videoclip da canción da XII convivencia que acaban de gravar malia as dificultades do confinamento, para celebrar o Día das Letras Galegas, promover o amor pola nosa lingua e poñela en valor.