Volver

Olloboi 2018: Certame - IX Festival de Cine Escolar - Encontro de Curtas

Centro: IES A Cachada, Boiro (A Coruña)
Curso: 2017 - 2018
  • Olloboi

    Olloboi

Desde o 1 de febreiro ata o 30 de abril estará aberto o prazo para presentar producións audiovisuais ao Certame de Curtas Olloboi. Poderá participar profesorado e alumnado de todas as ensinanzas -regradas ou non- e de todos os niveis educativos, desde os primeiros cursos de educación infantil ata o ensino superior.

Os nove premios entregados nas distintas modalidades que se contemplan nas bases entregaranse na gala do Festival de Cine Escolar Olloboi que se desenvolverá en Boiro o próximo 11 de maio. O festival, organizado por un grupo de docentes coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo promover, a través de traballos audiovisuais en galego, a sensibilidade ambiental e social e o respecto polos dereitos humanos e animais.

Alén de participar no concurso de curtas, os centros educativos tamén poderán inscribirse, en Olloboi.com, no Encontro con Olloboi 2018. Esta xuntanza inclúe actividades como Muchachada Matiné, un roteiro socioaudiovisual por Boiro e a presentación dunha produción audiovisual en lingua galega no CineForum.