Volver

O patrimonio das palabras

Centro: IES Alfoz-Valadouro, Alfoz (Lugo)
Curso: 2017-2018
  • Fotograma

    Fotograma

Os alumnos e as alumnas de 4º da ESO do IES Alfoz-Valadouro amósannos un traballo que ten como principal obxectivo incidir no léxico, que forma parte do patrimonio inmaterial dun pobo e que é vital para o mantemento da diversidade cultural fronte á crecente globalización. Na posta en escena, os alumnos e as alumnas recollen palabras do chan (que representan o vocabulario que se vai perdendo) e vanas colocando nunhas mans cóncavas que van brotando da Nai-Terra, que simbolizan as galegas e os galegos que son conscientes da necesidade de recoller e conservar vivo o noso léxico. Acompáñanos outros rapaces e rapazas interpretando un alalá baseado no poema "A fala" de Manuel María, con dúas estrofas de creación propia. Fermoso vídeo!