Volver

Resiliencia

Centro: CEIP das Nogais (As Nogais, Lugo)
Curso: 2020/2021

As emocións abrollan con este vídeo gravado polas familias do CEIP das Nogais no que mostran o seu día a día e nos amosan a contorna: Os Ancares, Doncos, Noceda, a Vía Kunig... O traballo foi recollido e montado por Rubén Ceide, mestre do centro, dentro da materia de libre configuración As Emocións a través do Teatro.