Volver

Blog convivenciacholoenela

Centro: Centros de ensino das comarcas ourensás de Valdeorras, Terra de Trives e Viana (Ourense); CRA de Cubillos del Sil (León)
Curso: 2018-2019

O profesorado que organiza as convivencias de educación infantil Cholo e Nela ofrécenos os materiais creados para esta celebración que reúne cada ano no mes de maio arredor de 700 nenos e nenas, 300 pais e nais e uns 100 mestres e mestras de 12 concellos da provincia de Ourense.

Esta xornada de confraternización é a síntese dun traballo previo desenvolvido nas aulas, coa participación dos pais e das nais nas titorías. O centro de interese, que dinamiza toda a actividade a través dunha unidade didáctica deseñada polo Seminario de Educación Infantil, varía cada curso, mais sempre está ligado a contidos de carácter transversal e á educación en valores.

Nas unidades didácticas podedes atopar cancións, contos, pasatempos, debuxos para colorear e recortar... sempre coas mascotas Cholo e Nela como protagonistas. Ela é unha pinga de auga do río Sil e el, un globo do País da Fantasía que buscan pór en valor o idioma galego dunha forma lúdica e ao mesmo tempo educativa.

#aculturasegue