Volver

XVII Xornada de Dinamización Lingüística

A XVII Xornada de Dinamización Lingüística, organizada por Ferega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade aberta tanto a docentes de centros públicos como concertados e privados. 

Realizarase o día 26 de novembro, de 09:30 a 14:00 horas, na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela e presentará, entre outros contidos, interesantes relatorios e experiencias sobre Florencio Delgado Gurriarán.

Para participar, cómpre cubrir o formulario correspondente.