Volver

Resolución dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos! 2022-2023

Resolución da XI edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO editora.

A Comisión de Selección, logo de avaliar as curtas presentadas á XI edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes galardóns:

Categoría 1: 2º ciclo de educación infantil

1º Premio: Tonino. Un pingüín en Ames - EEI do Milladoiro, Ames (A Coruña)

Accésit: Non fai falta a voz - CEE A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña)

Categoría 2: 1º e 2º de educación primaria

1º Premio: O cascabel da gata - CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, Ponteareas (Pontevedra)

Accésit: A princesa do Caurel - CEIP A Canicouva, Vigo (Pontevedra)

Categoría 3: 3º e 4º de educación primaria

1º Premio: Sígueme - CEIP Padre Feijoo, Allariz (Ourense)

Accésit: A Princesa do Caurel - CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, Sober (Lugo)

Convocatoria

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2022/2023.

Premios

Establécense tres categorías, con cadanseu premio:

  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil
  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria
  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria

Ademais, poderá concederse, a xuízo da Comisión de Selección, un accésit para cada categoría.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. De ser o caso, o profesorado que participe nas curtas recoñecidas cun accésit recibirá unha certificación de accésit.

Os colexios recibirán, ademais dun lote de libros, un contrasinal de acceso á Plataforma OQO de contidos dixitais en galego durante o curso 2022-2023, para poder acceder aos álbums ilustrados sen necesidade de manipulalos, de ser preciso.

Os centros públicos admitidos no programa Nós tamén creamos! No marco do Plan Proxecta+ quedarán inscritos de oficio no certame. Para os demais centros de titularidade pública, o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia rematará o día 1 de febreiro de 2023. A data límite de envío das curtametraxes será o 30 de maio de 2022.

Curtas baseadas en libros

Nesta edición, as curtas deben basearse nalgún dos seguintes libros en galego de OQO editora, que se lles envían aos centros educativos participantes no certame e no programa:

Nariz de ouro. Autora: Raquel Saiz / Ilustradora: Juliana Bollini

Sígueme! Autor: José Campanari / Ilustrador: Roger Olmos

Zimbo. Autor: Arturo Abad / Ilustradora: Joanna Concejo

Non fai falta a voz. Autor: Armando Quintero / Ilustrador: Marco Somá

Ravioli. Autor: David Hernández Sevillano / Ilustradora: Anna Forlati

Rumores no bosque. Autora: Pilar Serrano / Ilustradora: Laia Domènech

Oso somnámbulo. Autora: Joana Rocha / Ilustrador: Zé Carlos Pinto

O cascabel da gata. Autor: Pablo Albo / Ilustrador: Raúl Nieto

Os tres porquiños. Autora: Raquel Méndez / Ilustradora: Helga Bansch

Os sete cabritos. Autora: Tareixa Alonso / Ilustradora: Teresa Lima

A princesa do Caurel. Autor: Patacrúa / Ilustrador: Javier Solchaga

Tonino. Autor: Miguel Salars / Ilustrador: Paolo Domeniconi

Listaxe de centros públicos admitidos no certame Nós tamén creamos! para o curso académico 2022/2023

Ademais dos centros de titularidade pública admitidos no programa Nós tamén creamos! no marco do Plan Proxecta 2022-2023, que quedan inscritos de oficio no certame, participan neste os seguintes centros públicos que presentaron a solicitude no prazo correspondente:

Código do centro Nome do centro
36015172CEIP A Xunqueira Nº 2
15026960PCEIP Plurilingüe de Ponzos
15005385CEE María Mariño
36002773CEIP do Foxo
27012474CEIP Plurilingüe Virxe do Carme