- Portada
- O galego...
- Promovelo
- Equipos de Dinamización da Lingua Galega
- Convocatorias e formación
Convocatorias e formación
XIII Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto
XVII Xornada de Dinamización Lingüística
A XVII Xornada de Dinamización Lingüística, organizada por Ferega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade aberta tanto a docentes de centros públicos como concertados e privados.
Convocatoria do Plan Proxecta (curso 2021-2022)
Resolución do 21 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso escolar 2021/22.
Resolución das axudas para proxectos de fomento do galego en centros privados. Provincias de Lugo e de Ourense
Adxudicación do financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada das provincias de Lugo e Ourense que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 23 de decembro de 2020
Resolución das axudas para proxectos de fomento do galego en centros privados. Provincias da Coruña e de Pontevedra
Adxudicación do financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada das provincias da Coruña e Pontevedra que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 23 de decembro de 2020
III Premios de podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos"
O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades, convocan os III Premios de Podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”.
Resolución das axudas para proxectos de fomento do galego en centros públicos
RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento PL500A)
Xornada do Día das Letras Galegas. Xela Arias
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a VII Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista a autora homenaxeada este ano pola RAG, Xela Arias.
Lingua de namorar 2021: mensaxes gañadoras
O xurado do concurso Lingua de namorar 2021 reuniuse o venres 26 marzo para elixir as mensaxes gañadoras das categorías A e B, de entre aquelas mensaxes que resultaron máis votadas polo público. Son as seguintes.
Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2021
O xurado do certame aRi[t]mar escolleu as poesías finalistas publicadas en Galicia e en Portugal en 2020.