Convocatorias e formación

Filtrar por...

  • Colectivo
  • Tema
  • Tipo de convocatoria
Temos dispoñibles para consulta 42 convocatorias
Imaxe
02/05/2019 | Formación

V Xornada do Día das Letras Galegas. Antonio Fraguas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo organiza, en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) da Consellería de Educación, a V Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista o autor homenaxeado este ano pola RAG, Antonio Fraguas Fraguas.

24/04/2019 | Formación

Convocatoria de cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Listaxes definitivas de persoas admitidas

Resolución do 4 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria de cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Imaxe
26/03/2019 | Premios e certames

Gañadores do Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2018-2019

Esta iniciativa promovida pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística ten por obxectivo difundir a poesía e a música editadas en Galicia e en Portugal cada ano. 

Imaxe
18/03/2019 | Premios e certames

Lingua de namorar 2019

Xa se coñecen os gañadores da sétima edición de Lingua de namorar, un certame en liña de mensaxes de amor en lingua galega convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos, o obxectivo principal destes premios é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente nova nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Imaxe
13/12/2018 | Premios e certames

Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES Rosalía de Castro, en colaboración con Arraianos Multimedia, convocan o I Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos.

04/10/2018 | Premios e certames

Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2017-2018

O próximo 31 de outubro, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, celebrarase a Gala dos Premios da Música e da Poesía Galego-Portuguesas aRi[t]mar, que este ano recoñecen os textos de Lois Pérez e de Alexndre Brea Rodríguez e as cancións de Salvador Sobral e A banda da Loba. Todos eles estarán presentes na gala.

02/10/2018 | Formación

Convocatoria do Plan Proxecta

Resolución do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2018/19.