Volver

Cancioneiro de Monfero

Centro: CPI Virxe da Cela, Monfero (A Coruña)
Curso: 2017 - 2018
  • Cancioneiro de Monfero

    Cancioneiro de Monfero

A implicación e o compromiso do alumnado de ESO do CPI Virxe da Cela e de Verónica Dopico, docente especialista en Música e coordinadora do EDLG deste centro, fixo posible que o Cancioneiro de Monfero vise a luz. A recollida das cantigas, coplas, refráns, adiviñas, ditos... realizouse, como se pode ver nestes arquivos audiovisuais, entre as familias dos alumnos e alumnas seguindo unha guía de traballo elaborada pola profesora.