Volver

Os venres de viva voz

Centro: CEIP Frián-Teis, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2016 - 2017
  • Os venres de viva voz

    Os venres de viva voz

O EDLG do CEIP Frián-Teis desenvolve, xa desde o curso pasado, unha iniciativa que pretende mellorar as competencias orais do alumnado: os “Venres de viva voz”. Neste programa dinamizador ​teñen cabida recitais, exposicións e tamén recursos propios da nosa tradición oral popular.

Velaquí vos deixamos unha pequena mostra, na que os alumnos e alumnas de 4.º B recitan con moito estilo, e sen se trabucaren, unha chea de trabalinguas. "Un can cun quinqué no cu...". Practicamos?